Nova acción formativa gratuíta sobre ciberseguridade do Incibe

Imaxe

Ata 2000 persoas poderanse inscribir de maneira gratuíta para comezaren, a partir do 10 de maio, este curso do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España que se orienta a satisfacer as necesidades das empresas de menor tamaño e autónomos.

Ao longo de 7 semanas, quen participe deberán asistir de maneira virtual a 30 horas de clase, distribuídas segundo as súas necesidades, e dispoñerán de vídeos, material de lectura e elementos interactivos, ademais de prácticas e probas de tipo test para afianzar e verificar os seus coñecementos.

Os temas tratados serán os seguintes:

  • Unidade 1 - Introdución
  • Unidade 2 - Coñece ao teu inimigo
  • Unidade 3 - Coñécete a ti mesmo
  • Unidade 4 - Uso seguro das novas tecnoloxías na empresa
  • Unidade 5 - Enxeñería social
  • Unidade 6 - Ciberseguridade na nube
  • Unidade 7 - Seguridade en dispositivos móbiles e redes wifi
  • Unidade 8 - Lexislación e normativa de seguridade
  • Unidade 9 - A túa web é a túa tarxeta de presentación
  • Unidade 10 - Relación segura con provedores e clientes
  • Unidade 11 - Incidentes de seguridade: como responder de forma adecuada?
  • Unidade 12 - Auditorías de sistemas - O meu plan B
  • Unidade 13 - Prevención e protección – Conclusións

 

Información relacionada