Nova convocatoria do programa Horizonte Europa en ciberseguridade

Imaxe

O Centro Europeo de Competencias en Ciberseguridade (ECCC) publica unha nova convocatoria de propostas no marco do programa Horizonte Europa, cun orzamento indicativo de ata 56,2 millóns de euros, dentro do Programa de Traballo 2026–2027 (Agrupación industrial 3 – Seguridade Civil para a Sociedade).

HORIZON-CL3-2026-02-CS-ECCC-01

1) Seguridade en software e hardware

  • Orzamento: 20 M€
  • Foco: seguridade por deseño no ciclo de vida de software e hardware
  • Claves: cadeas de subministración seguras, testeo avanzado e certificación

HORIZON-CL3-2026-02-CS-ECCC-02

2) IA segura e robusta (SecureAI)

  • Orzamento: 21,2 M€
  • Foco: resiliencia de sistemas de IA fronte a ataques
  • Claves: ataques adversarios, privacidade e aliñación co AI Act


HORIZON-CL3-2026-02-CS-ECCC-03

3) Esquemas criptográficos avanzados e aplicacións criptográficas de alta velocidade e alta garantía


  • Orzamento: 15 M€
  • Foco: reforzar a ciberseguridade poscuántica, mediante primitivas criptográficas resistentes a ataques cuánticos e software criptográfico de alta garantía
  • Claves: verificación formal e integracións seguras nos procesos de desenvolvemento

Prazo de presentación:

  • Ata o 15 de setembro de 2026, 17.00 (CEST) (a través do Funding & Tenders Portal, con criterios de elixibilidade e documentación oficial).