Nova edición das Xornadas sobre Control Parental

Imaxe

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co CPETIG, organiza un novo ciclo de xornadas formativas baixo o título "Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias".

As sesións do ciclo terán lugar entre o 19 de setembro e o 24 de outubro en varias aulas da Rede CeMIT: Moaña, Riotorto, Celanova e San Sadurniño, ademais dunha sesión especial no Centro GaiásTech o 10 de outubro.

O obxectivo é ofrecer ás familias  ferramentas e dinámicas para mellorar o uso das TIC por parte dos e das menores.

Contido:

  • Riscos dun mal uso da tecnoloxía
  • Bases dunha boa educación dixital (horarios, límites, desconexión, comunicación)
  • Ferramentas de control parental (Family Link e outras)
  • Recomendacións e boas prácticas para o fogar

As sesións serán presenciais, con duración de 2 horas.

Información relacionada