O Ministerio de Xustiza pon en marcha unha Oficina de Ciberseguridade para reforzar e homoxeneizar en todo o Estado a seguridade da información dixital da Administración de Xustiza fronte a ciberameazas ou ciberataques.
O servizo será prestado por un equipo de profesionais especializados, e ofrecerá como mínimo as seguintes prestacións:
Elaboración do desenvolvemento normativo da política de seguridade da información, en liña coa lexislación vixente na materia, como o Esquema Nacional de Seguridad (ENS), o Esquema Judicial de Interoperabilidad y Seguridad (EJIS) e a lexislación sobre a protección de datos de carácter persoal.
Elaboración do plan de adecuación ao Esquema Nacional de Seguridad (ENS).
Asesoramento para a posta en marcha ou mantemento de procedementos técnicos.
Implantación de ferramentas para compartir información.
Actividades de formación e concienciación en seguridade, incluíndo difusión de guías ou instrucións.
Apoio na xestión de ciberincidentes.
Realización de auditorías de seguridade para detectar vulnerabilidades ou defectos de seguridade.
Esta oficina prestará servizo a todas as administracións implicadas no Comité Técnico Estatal de la Administración Judicial Electrónica (CTEAJE).