Novo ciclo de formación en ciberseguridade da Amtega para EELL

Imaxe

Por segundo ano, a Amtega pon ao dispor das entidades locais galegas a posibilidade de ofrecer ou seu persoal formación en ciberseguridade a nivel de usuario. 

A temática suscita gran interese, e a acollida e valoración das accións formativas por parte da audiencia está a ser excelente.

Este novo ciclo, que comezou a principios de maio e xa pasou por Carballo e Lalín, visitará ademais os concellos de Oleiros, A Estrada, A Coruña, Santiago, Ferrol, Redondela e Lugo, e as deputacións de Pontevedra, Ourense e Lugo.

Información relacionada