Novo curso µCeENS: máis axuda para as Entidades Locais

Imaxe

Aínda que o cumprimento do Esquema Nacional de Seguridade é obrigatorio para as administracións públicas e os seus provedores desde hai anos, o seu despregamento require duns recursos dos que non sempre se dispuña, especialmente entre as administracións públicas de menor tamaño.

Detrás desta obrigación legal está a necesidade imperiosa de salvagardar os servizos públicos e a información que utilizan das ameazas dunha contorna cada vez máis perigosa e esixente.

Deste xeito, o Centro Criptolóxico Nacional está a apostar por reducir a brecha de acceso aos beneficios de implantar o ENS mediante unha versión ‘de entrada’ (chamada µCeENS), que facilita a posta en marcha das medidas máis críticas. Pero a finalidade do µCeENS non termina aí: trátase tamén de favorecer que nun prazo relativamente corto as entidades que se acollan a esta modalidade continúen profundando e evolucionen ás versións que pola tipoloxía dos seus servizos lles correspónden.

Dentro do esforzo do CCN por axudar á difusión e implantación do µCeENS, xa se pode acceder na plataforma de formación ÁNGELES ao curso µCeENS para EELL en base ao Perfil de Cumprimento de Requisitos Esenciais de Seguridade.

Información relacionada