Novo servizo de aviso por email de problemas coñecidos en Windows

Imaxe

A xestión da vulnerabilidade técnica é un aspecto de suma importancia na gobernanza da ciberseguridade, e dispoñer de fontes de información axeitadas facilita en gran medida esta tarefa.

En moitas ocasións, os administradores de redes e sistemas non son conscientes de que algún dos seus servizos é vulnerable ata que os fabricantes distribúen os ‘parches’ ou actualizacións que solucionan esas vulnerabilidades. Pero mesmo aínda que non haxa unha actualización dispoñible, ser consciente de que existe un perigo axuda a extremar a vixilancia ou a buscar solucións alternativas.

Por iso, esta iniciativa facilitará o traballo de xestión dos sistemas Windows, xa que tras de inscribirse, os administradores de TI recibirán un correo electrónico cada vez que se agreguen ou actualicen problemas coñecidos con nova información, incluídos cambios no estado, novas recomendacións ou resolucións de problemas.

Para poder gozar deste servizo, débese dispoñer dalgunha das seguintes subscricións:

Microsoft 365 Enterprise E3/A3/F3, Microsoft 365 Enterprise E5/A5, Windows 10 Enterprise E3/A3, Windows 10 Enterprise E5/A5, Windows 11 Enterprise E3/A3 ou Windows 11 Enterprise E5/A5.

Información relacionada