O 28 de xaneiro de 1981 asinábase en Estrasburgo, Francia, o Convenio para a Protección das Persoas con respecto ao Tratamento Automatizado de Datos de Carácter Persoal. Era o convenio número 108 firmado polo Consello de Europa, composto naquel momento por 21 países -entre os que xa se atopaba España- e deste xeito o nome ‘Convenio 108’ quedou unido á historia do recoñecemento da privacidade como un dereito importante para as persoas.
Da importancia global deste primeiro tratado sobre a privacidade dá conta o feito de que a partir do ano 2013 se permitiu a adhesión de países non europeos, sendo o primeiro deles Uruguai. Na actualidade a conta total de países asinantes chega aos 55.
No ano 2006 o Consello de Europa acordou estabelecer un Día Europeo da Protección de Datos como recoñecemento da importancia da privacidade e para apoiar á concienciación e divulgación nese eido. A data elixida foi o 28 de xaneiro, en conmemoración da firma dese Convenio 108.
Seguindo o exemplo europeo, na mesma data celébrase o Día Internacional da Privacidade a nivel mundial.