O espazo Abalar fomenta a ciberseguridade entre os nenos e as nenas de Galicia

Imaxe

Os programas de difusión e concienciación, para seren efectivos, teñen que chegar ao seu público obxectivo. Desde o espazo Abalar decidiuse pór ao dispor do alumnado dos cursos entre 5º de Primaria e 4º de ESO as vídeo-pílulas preparadas pola Amtega con contidos sobre ciberseguridade de interese para ese grupo de edades.

Deste xeito, estas pezas de animación emprenden un novo percorrido, contribuíndo a resolver dúbidas ou mesmo a despertar vocacións, pero sobre todo contribuíndo a preparar unha xeración máis consciente das precaucións que deben tomar ante os riscos da vida dixital.

Información relacionada