A Universidade da Coruña, xa ubicada na vangarda europea nesta materia, ven de presentar o Nodo de Intelixencia Artificial co obxectivo de proporcionar solucións tecnolóxicas ao sector empresarial galego.
As PEMES galegas xa están no grupo de cabeza en España na utilización da IA para os seus procesos de negocio, e o Nodo contribuirá á consolidación da innovación e mellora da competitividade potenciando a adopción deste tipo de solucións.