Esta actividade ten como obxectivo presentar as ferramentas e servizos que o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia pon ao dispor para facilitar o cumprimento, así como analizar as novas ameazas híbridas e os marcos regulatorios que afectan ao sector público e empresarial.
O programa é o seguinte:
9:00-9:30: Recepción e rexistro de asistentes – Café.
9:30-9:45: Benvida institucional.
9:45-9:50: Presentación da axenda da xornada.
9:50-10:30: Inxección de Prompts: Rompendo a seguridade dos asistentes de IA. Demostración práctica de enxeñaría de prompts para vulnerar a seguridade de asistentes virtuais e extraer datos confidenciais de xestión empresarial.
10:30-11:00: IoT e CRA: Da teoría á realidade técnica. Visión actualizada sobre o grao de implatación da CRA no tecido empresarial.
11:00-11:30: CiberCafé: Intercambiando experiencias.
11:30-12:30: Ciberseguridade 360°: Claves e desafíos da CRA.
Obxectivos, contido, impacto, sectores afectados, medidas de cumprimento, recursos.
12:30-13:30: Ciberseguridade: O novo piar da estratexia empresarial.
Modera:
Relatores:
13:30: Xantar: Ciber & Tapas: Tecendo alianzas.