O Día da Internet Segura (Safer Internet Day) é unha xornada internacional que se celebra cada ano co obxectivo de promover un uso seguro, responsable e positivo das tecnoloxías dixitais, especialmente entre nenos, adolescentes e as súas familias.
A iniciativa foi lanzada pola Unión Europea en 2004 e actualmente está coordinada pola rede Insafe/INHOPE, co respaldo da Comisión Europea. Celébrase cada ano o segundo martes de febreiro e reúne a organizacións, gobernos, centros educativos e empresas tecnolóxicas de todo o mundo.
Entre os seus obxectivos destacan os seguintes:
Para contribuír a aumentar a repercusión desta celebración, en España o Incibe propón unha xornada con actividades divulgativas e participativas, entre as que destaca o obradoiro Pensa, conecta e elixe o teu camiño na internet, no que grupos de estudantes poderanse conectar desde as súas aulas para traballar na toma de decisións intelixentes fronte ao ciberacoso, os contidos prexudiciais ou os retos virais.