O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) fai unha invitación pública aos medios de comunicación para desenvolver convenios de colaboración no ámbito da promoción da ciberseguridade.
Con esta acción o INCIBE pretende mellorar a ciberseguridade das empresas e profesionais dos medios de comunicación españois.
As accións que se subvencionarán deben buscar o fortalecemento e mellora das capacidades de ciberseguridade neste ámbito empresarial mediante o desenvolvemento de recursos (adquisición, configuración e despregamento de material específico), así como mediante a formación de profesionais que reforcen o talento en ciberseguridade.
Entre os obxectivos destacan dotar ao sector dos medios de información con novas capacidades en ciberseguridade e minimizar o número de ciberincidentes que poidan afectar o ecosistema dos medios de comunicación.
O prazo de presentación de propostas estenderase ata o 30 de xuño de 2025, salvo que se esgote o orzamento de 15.000.000€ asignados a esta iniciativa.