Nesta décima edición, o Mes Europeo da Ciberseguridade, organizado polas institucións da Unión Europea (UE), a Axencia de Ciberseguridade da UE (ENISA) e os Estados membros, segue apostando pola concienciación e a divulgación como elementos fundamentais da estratexia para promover e reforzar a ciberseguridade entre cidadáns e organizacións da Unión.
As actividades deste ano vanse centrar en dúas tendencias importantes observadas no panorama actual das ciberamenazas: a suplantación de identidade ou phishing do 3 ao 16 de outubro e os programas de secuestro de arquivos ou ransomware do 17 ao 30 de outubro.
No sitio web oficial da campaña ECSM (www.cybersecuritymonth.eu) pódense rexistrar e consultar os eventos que se vaian organizar sobre ciberseguridade en todo o territorio da Unión Europea.