Presentado kit de ferramentas gratuítas para ciberseguridade

Imaxe

Froito da colaboración entre PuntoGal e Global Cyber Alliance, faise pública a tradución ao galego dunha serie de ferramentas gratuítas, en principio orientadas ao traballo de xornalistas e comunicadores pero que poden ser utilizadas por calquera persoa interesada en protexer a confidencialidade das súas comunicacións e incrementar a seguridade dos seus equipos e contas de usuario fronte a distintos tipos de ameazas.

A iniciativa conta co respaldo do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Información relacionada