Primeira Asemblea Xeral do nodo CIBER.gal

Imaxe

No evento déronse cita preto de cincuenta persoas en representación de entidades dos sectores tecnolóxico, da investigación, do coñecemento, da industria e de organizacións públicas referentes en ciberseguridade en España como o Centro Criptolóxico Nacional.

Durante a asemblea valoráronse positivamente as máis de corenta iniciativas postas en marcha en campos como:

  • Concienciación en ciberseguridade, onde destacan a campaña no exitoso programa ‘Dígocho Eu’ (#CiberEsther) e o Concurso Ciberseguridade non Cole!, ámbalas iniciativas orientadas ao público máis novo. 
  • Difusión de información, por exemplo por medio do novo portal  ciberseguridadegalicia.gal.
  • Fomento do talento, a través de, entre outras actividades, os Cursos de Especialización en Ciberseguridade impartidos con vocación de continuidade xa en catro localizacións en Galicia.

Destacouse tamén a implicación de diferentes sectores: ademais de coas administracións e universidades públicas galegas, contouse e cóntase para o futuro coa participación da industria da ciberseguridade.  

 

Información relacionada