O Esquema Nacional de Seguridade é un marco para a gobernanza da ciberseguridade que ten rango de lei e cuxa primeira versión foi publicada en 2010. O 3 de maio de 2022 promulgouse o Real Decreto 311/2022, que supón unha profunda revisión desta normativa para adaptala ás esixencias actuais.
A súa entrada en vigor deu comezo a un período transitorio, ata maio de 2024, durante o que se poderán emitir certificados baixo a normativa anterior ou a nova, á elección da entidade que o solicite.
UNISYS foi a primeira empresa en obter en España a certificación de conformidade segundo a versión do ENS publicada en 2022. Cabe lembrar que as obrigacións do Esquema Nacional de Seguridade non afectan soamente ás administracións públicas: todos os provedores que lles fornezan solucións ou servizos tecnolóxicos deben cumprilas. Por tanto, para ofrecer servizos ou solucións de TI a calquera das administracións públicas (concellos, deputacións, comunidades autónomas, universidades públicas, administración xeral do estado), débese ter en conta que será necesario dispoñer da declaración ou a certificación de conformidade co ENS.