Primeira enquisa da AEPD a Delegados de Protección de Datos

Imaxe

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), no marco da súa participación nunha acción europea conxunta, vai analizar a designación e situación das persoas delegadas de protección de datos (DPD) en entidades públicas e privadas.

Cabe lembrar que a figura do delegado de protección de datos desenvolve unhas funcións fundamentais de intermediación entre as autoridades de control, a cidadanía e outras organizacións, e contribúe de maneira esencial ao cumprimento da normativa de protección de datos e a promover a protección efectiva dos dereitos das persoas interesadas.

Pola súa banda, a AEPD analizará as prácticas de máis de 30.000 entidades do sector público e privado. No marco desta enquisa de avaliación, a AEPD terá en conta, no que respecta ao sector privado, os diferentes sectores de actividade (entidades bancarias e financeiras, sector enerxético, etc.).

A enquisa consistirá nun cuestionario que inclúe cuestións relacionadas, entre outras, coa designación, coñecemento e experiencia dos DPD, as súas tarefas e recursos ou o seu papel e posición nas súas respectivas organizacións.

Información relacionada