Primeiro informe sobre o estado da ciberseguridade na Unión Europea

Imaxe

A Axencia da Unión Europea para a Ciberseguridade (ENISA) publicouno en cumprimento do artigo 18 da Directiva NIS 2.

O informe identifica catro áreas prioritarias que deben ser atendidas para mellorar o nivel xeral de ciberseguridade: implantación de políticas, xestión de crise cibernéticas, cadea de subministración e habilidades. Para iso proporciónanse seis recomendacións que abranguen estas catro áreas e, ademais, as capacidades dos operadores do sector crítico e a concienciación sobre ciberseguridade e ciberhixiene:

  • Fortalecer o apoio técnico e financeiro brindado ás institucións, organismos e axencias da Unión Europea (EUIBAs) e ás autoridades nacionais competentes e ás entidades que caen dentro do ámbito de aplicación da Directiva NIS2 
  • Revisar o Plan da UE para unha resposta coordinada aos ciberincidentes a gran escala.
  • Fortalecer a forza laboral cibernética da UE mediante, entre outras medidas, a implantación da Academia de Habilidades en Ciberseguridade e o establecemento dun esquema de certificación europeo para habilidades en ciberseguridade.
  • Abordar a seguridade da cadea de subministración na UE intensificando as avaliacións de riscos coordinadas a nivel da UE e desenvolvendo un marco de políticas horizontais da UE para a seguridade da cadea de subministración.
  • Mellorar a comprensión das especificidades e necesidades sectoriais, mellorar o nivel de madurez en materia de ciberseguridade dos sectores cubertos pola Directiva NIS2 e utilizar o futuro Mecanismo de Emerxencia en materia de ciberseguridade que se establecerá en virtude da Lei de solidariedade cibernética para a preparación e resiliencia sectoriais.
  • Promover un enfoque unificado aproveitando as iniciativas políticas existentes e harmonizando os esforzos nacionais para lograr un alto nivel común de concienciación sobre ciberseguridade e hixiene cibernética.

Información relacionada