A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), organizan a Xornada sectorial de laboratorios e demostrador de ciberseguridade industrial (OT): Sector alimentación, que se celebrará o 12 de maio de 2026 no Edificio FEUGA (Santiago de Compostela).
Este encontro ten como obxectivo incrementar a sensibilización do sector alimentario fronte aos riscos, ameazas e retos actuais da ciberseguridade industrial, así como achegar medidas prácticas e recursos adaptados ao nivel de madurez tecnolóxica das empresas.
A xornada abrirase cunha apertura institucional a cargo de Amtega xunto a Juan José de la Cerda, CEO de Clusaga.
Ao longo da sesión abordaranse aspectos fundamentais como o marco normativo en materia de ciberseguridade, desde a directiva NIS2 ata a lei CRA, así como o encaixe entre oferta e demanda tecnolóxica a través dun debate sectorial con referentes da industria e do ámbito tecnolóxico.
Tras unha pausa para favorecer o contacto profesional, a xornada continuará cun bloque práctico, orientado a dar a coñecer as capacidades do laboratorio e demostrador de ciberseguridade industrial de Amtega. Realizaranse demostracións sobre unha maqueta de proceso industrial real e un exercicio de roleplay ante un ciberincidente, poñendo estes recursos públicos de apoio ao dispor do tecido empresarial galego.
Inscrición obrigatoria a través do formulario: