Segunda edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’

Imaxe

O Encontro Galego CIBER.gal acollerá a segunda edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’, no que poderá participar o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de Outubro.

Os nenos e nenas participantes terán que responder a preguntas sobre ciberseguridade. O día 20 de outubro celebrarase unha rolda clasificatoria online, da que sairán os equipos que acudirán o 10 de novembro á Cidade da Cultura para disputar a final de maneira presencia.

Información relacionada