A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza para o vindeiro mes de novembro catro sesións formativas en liña sobre Ciberseguridade destinadas ao persoal empregado público das administracións locais galegas.
As sesións serán eminentemente prácticas e nelas realizarase un repaso das técnicas de enxeñería social usadas polos ciberdelincuentes nos seus enganos. Ademais, farase unha análise dos ataques de tipo phishing e as súas implicacións e se exporán as técnicas para a súa detección e prevención.
As sesións formativas, co lema Ciberseguridade e persoas: O primeiro escudo contra os atacantes, impartiranse nas seguintes datas e horarios:
Calqueira persoa empregada pública da administración local que teña interés en asistir a unha destas sesións pode inscribirse nesta ligazón, indicando o día e a hora da que mellor se adapte á súa dispoñibilidade. O prazo máximo para realizar a inscrición é o 31 de outubro. Unha vez realizada a inscripción, as persoas participantes recibirán a información para o acceso ao evento en liña na conta de correo que deixen indicada no formulario.
Pódese solicitar máis información sobre estas sesións formativas a través do correo electrónico oficina.econcellos [at] xunta.gal (subject: Informaci%C3%B3n%20sobre%20sesi%C3%B3ns%20formativas%20en%20ciberseguridade) (oficina[dot]econcellos[at]xunta[dot]gal) ou do teléfono 981957595