A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), celebrará o próximo 15 de xuño de 2026 unha xornada centrada na preparación das empresas ante os desafíos da ciberseguridade industrial, baixo o lema:
“Un ciberataque non avisa. Estás preparado/a para responder?”
A sesión terá lugar entre as 9:30 e as 11:30 horas na sede de AEVA – Casa Grande de Viloira, situada na Avenida Otero Pedrayo, 11, no Barco de Valdeorras (Ourense).
A asistencia é gratuíta, aínda que o aforo é limitado e require inscrición previa a través do seguinte formulario:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSetS_yEZto2KK63oBhmRh_M0H3i4Th_iP6UGSXaLLGIPgTlFQ/viewform
Esta iniciativa nace co obxectivo de sensibilizar o tecido empresarial sobre a importancia de anticiparse aos riscos derivados dos ciberataques e de dispoñer de mecanismos axeitados para responder de forma rápida e coordinada ante posibles incidentes que afecten á actividade produtiva.
Ao longo da xornada, as empresas participantes poderán coñecer os recursos e servizos que ofrece o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial da Xunta de Galicia, unha infraestrutura orientada a impulsar a protección das contornas industriais e a reforzar as capacidades de prevención e resposta das organizacións galegas.
O programa combinará contidos divulgativos con exemplos reais e exercicios prácticos, ofrecendo unha visión integral sobre a xestión da ciberseguridade desde unha perspectiva empresarial e directiva.
Entre os temas que se abordarán destacan:
Con esta actuación, Amtega e AEVA reforzan o seu compromiso co impulso da transformación dixital segura no ámbito empresarial, promovendo unha maior concienciación sobre os riscos da ciberseguridade industrial e favorecendo a adopción de medidas que permitan mellorar a resiliencia das organizacións fronte ás ameazas dixitais.