O informe Cisco Cybersecurity Readiness Index non deixa en bo lugar a capacidade de resposta das empresas españolas para facer fronte a incidentes de ciberseguridade: dous terzos das organizacións consultadas atópanse nas fases Principiante (8%) ou Formativa (59%), o que significa que o seu nivel de preparación está por baixo da media global. Só o terzo restante alcanzan os niveis Progresivo (26%) e Maduro (7%).
Fronte a estes datos preocupantes, existe conciencia do risco entre os responsables de ciberseguridade, e a gran maioría espera aumentar o orzamento e renovar a súa infraestrutura TI para poder facer fronte ás ameazas, máis aínda se se ten en conta que una de cada dúas organizacións españolas sufriron unha brecha ou ataque en 2022 (principalmente malware, phishing e filtración de datos) cun custo económico de polo menos 100.000 dólares para o 56% destes incidentes.