A partir dunha iniciativa da Axencia Española de Protección de Datos, o Comité Europeo de Protección de Datos vén de adoptar un ditame que aborda as directrices para a implementación dos sistemas de verificación de idade en internet. O propósito é proporcionar equilibrio entre a protección dos menores e o respecto á privacidade.
Nun contexto onde plataformas dixitais, redes sociais e servizos en liña están obrigados a restrinxir o acceso aos contidos inapropiados para menores, o CEPD subliña que os métodos de verificación deben ser proporcionais, mínimamente intrusivos e respectuosos co RXPD.
As directrices céntranse no acceso a servicios online, incluídos aqueles casos en que a lei establece unha idade mínima para comprar productos, usar servicios ou realizar actos, así como cando exista un deber de coidado para protexer á infancia e adolescencia.
Os principios establecen requisitos para a prevención de riscos e sobre a limitación e a minimización, destacando que a verificación de idade non debe facilitar a identificación, localización, creación de perfís ou seguimento da actividade dixital das persoas por parte dos servizos da Internet.
Así mesmo, destácase o risco que poden supoñer as brechas de datos nos contornos de uso destas ferramentas, o que outorga incluso maior importancia á aplicación do principio de minimización de datos xunto coa implementación das medidas de seguridade adecuadas. Establécese tamén que se implanten esquemas de gobernanza da seguridade da información (como o Esquema Nacional de Seguridade ou a Norma ISO 27001) que demostren o aliñamento coas mellores prácticas de seguridade e o cumprimento normativo.