O vindeiro xoves 4 de setembro celebrarase no salón de actos do Auditorio de Rianxo unha xornada formativa sobre ciberseguridade na empresa e os retos ante a implantación da IA.
O acceso será libre, e a xornada dará comezo ás 10:00 horas coa intervención de José Antonio Resúa, técnico informático do Concello de Boiro e experto en ciberseguridade, que falará sobre a ciberseguridade na empresa.
A segunda intervención correrá ao cargo de Miguel Anxo Bastos Boubeta, profesor titular da Facultade de Ciencias Políticas da USC, que abordará os retos da empresa e da economía ante a implantación da intelixencia artificial.
Ao remate haberá unha sesión de aperitivos que facilite a interacción entre empresas, alumnado e traballadores e traballadoras.