O vindeiro 8 de maio de 2025, ás 10:00 horas, terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia unha Xornada sobre ciberseguridade para empresas, organizada pola CEOE, Fundación CEOE e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública. Estas entidades constituíron unha alianza para a posta en marcha dun Proxecto de Formación en Ciberseguridade para as Empresas Españolas, coa colaboración da Policía Nacional, a Garda Civil e a Fundación Hermes.
O obxectivo deste proxecto é fortalecer a protección dixital das empresas españolas, especialmente pemes, microempresas e autónomos mediante unha estratexia clara de formación, concienciación e sensibilización a través de xornadas e obradoiros de formación específica por todo o territorio nacional.
Para participar na Xornada que se celebrará en Santiago de Compostela cómpre rexistrarse a través do seguinte enlace: formulario de inscrición.