A Xunta adxudica a redacción do proxecto do Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de 4,2 M€

Imaxe

A Xunta prevé dispoñer na próxima primavera do proxecto e iniciar, a continuación, a contratación e inicio das obras, co obxectivo de poñelo en marcha a mediados do 2025.

O centro é froito da colaboración entre a Consellería de Facenda, impulsora do proxecto a través da Amtega, e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que acometerá as obras de edificación.

O edificio, na Tecnópole e con 2.000 m², incluirá espazos de monitorización e xestión de ciberseguridade, áreas de traballo ou locais de emprendemento e de alugamento.

Información relacionada