Automatiza, Conecta, Protexe. Xornada práctica de seguridade industrial para o tecido de Galicia

09:30 - 13:30

Presencial (Centro GaiásTech) e Streaming
Imaxe

O Centro GaiásTech, en colaboración co Nodo CIBER.gal, e Grupo Sermicro, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, reúne nun mesmo espazo —presencial e en streaming— aos responsables de planta, directores de operacións, CIOs e técnicos de automatización para abordar o gran desafío da industria conectada: como asegurar a automatización sen frear a innovación.

Ao longo desta sesión práctica, cunha duración de 4 horas, trataranse as seguintes cuestións:

  • Demostracións en directo de como a Intelixencia Artificial e os Sistemas SOC poden detectar unha ameaza nunha liña de produción antes de que pare a planta.
  • Casos reais de seguridade en contornos de IoT industrial, aplicables a pemes e grandes empresas.
  • Un workshop participativo onde levaremos un problema real sobre a mesa e deseñaremos entre todos unha estratexia de defensa para contornas OT.

A media mañá haberá un descanso para o café e o espazo de networking.

Inscríbete: https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades/automatiza-conecta-protexe-xornada-practica-de-seguridade-industrial-para-o-tecido-de