Sala 9 do Edificio Fontán
Actividade en formato presencial
Prazas dispoñibles: 40
A actividade proposta é unha competición de tipo Jeopardy, unha modalidade de CTF na que os participantes enfrontan unha serie de retos clasificados en diferentes categorías e niveis de dificultade.
En lugar dun escenario baseado na simulación dunha contorna real onde os participantes deben penetrar sistemas (como nos CTF estilo "ataque e defensa"), o formato Jeopardy presenta desafíos en forma de preguntas ou tarefas que os competidores deben resolver para obter puntos.
Cada desafío superado outorga unha "bandeira" (flag), que se troca por puntos, e o obxectivo é acumular a maior cantidade de puntos posibles durante o tempo da competición. As categorías que se abordarán durante a competencia poderán incluír, entre outras:
- Criptografía e Esteganografía: esta sección enfocarase na arte e a ciencia de ocultar e descifrar información, retando aos participantes para romper códigos e detectar mensaxes ocultas dentro de diversos medios.
- Exploiting: baixo esta categoría, os participantes terán que identificar e explotar vulnerabilidades tanto en aplicacións web como en binarios, poñendo en práctica a súa destreza no diagnóstico e aproveitamento de fallos de seguridade.
- Forense: os competidores mergullaranse no mundo da investigación dixital, extraendo información valiosa de datos aparentemente inocuos ou comprometidos.
- Enxeñería Inversa: este reto convida os participantes a desentrañar e analizar software, permitíndolles entender o seu funcionamento interno e, posiblemente, detectar vulnerabilidades ocultas.
- Recoñecemento: Nesta sección, os participantes deberán empregar técnicas de recompilación de información para identificar potenciais obxectivos ou vulnerabilidades en sistemas e redes.
Premios
- Primeiro premio: Portátil + Flipper Zero
- Segundo premio: Flipper Zero
Os dous gañadores anunciaranse o segundo día do Atopou CIBER.gal, ao final da mañá do 7 de novembro no Auditorio.
Realizarase un sorteo á finalización da competición entre os participantes dun Flipper Zero.
Aquelas persoas interesadas deberán inscribirse na páxina web do evento a través do formulario habilitado.