11:30 - 13:00
No marco do V Encontro CIBER.gal, celebrarase en formato presencial a iniciativa Conecta Senior, un encontro formativo cuxo obxectivo é achegar a seguridade dixital e o uso responsable da tecnoloxía ás persoas maiores
Durante a sesión, as persoas participantes poderán coñecer de forma práctica e próxima:
Ademais, sortearanse 2 tablets entre os asistentes
Esta actividade está patrocinada por Telefónica, membro colaborador do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal.
A xornada será impartida por Manuel Rivas Raña, Formador senior para Amtega.
Poñerase ao dispor un autobús de ida e volta para os asistentes desde Santiago.
As prazas son limitadas e confirmaranse por orde de solicitude, polo que, se está interesado en asistir, por favor contactar antes do 31 de outubro coa organización a través do seguinte correo electrónico: inscricions-encontrocibergal [at] xunta.gal (inscricions-encontrocibergal[at]xunta[dot]gal)