Da teoría á práctica: Claves das directivas europeas en ciberseguridade para as empresas

12:30 - 13:30

Caducado
Imaxe

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Forensic&Security, empresa adherida a CIBER.gal, e a Deputación da Coruña, entidade fundadora de CIBER.gal.

A actividade consiste nunha charla informativa sobre directivas europeas en ciberseguridade dirixidas ao tecido empresarial no seu conxunto coa finalidade de achegar unha visión global das novas normativas e o seu impacto a nivel práctico nas empresas. 

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  • Introdución. 
  • Panorama normativo europeo. 
  • Directiva NIS2 e Cyber Resilience Act: Puntos esenciais. 
  • Impacto práctico nas empresas. 
  • O papel do SOC no cumprimento normativo. 
  • Preguntas frecuentes e mitos. 
  • Conclusións e chamadas á acción. 
  • Quenda de preguntas e diálogo.

O formato da actividade será EN LIÑA, cunha duración de 60 minutos. 

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.