11:40 - 12:40
Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Pintos & Salgado Abogados, empresa adherida a CIBER.gal, e da Deputación da Coruña, entidade fundadora de CIBER.gal.
Sesión formativa gratuíta coa finalidade de sensibilizar e educar aos mozos de 1º de Bacharelato sobre a importancia de coñecer e exercer os seus dereitos dixitais. Búscase dotar aos estudantes de ferramentas necesarias para navegar de maneira segura e responsable na contorna dixital, así como ensinarlles como defender os seus dereitos en liña.
O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
Introdución á situación da Rede e os riscos actuais.
As plataformas que usamos, por que son de balde?
Os Dereitos Dixitais: definición e relevancia no contexto actual.
Principais Dereitos Dixitais: intimidade, propia imaxe, privacidade e honra.
Riscos e Ameazas Dixitais: identificación dos principais riscos en liña e como afectan aos nosos dereitos dixitais.
Regulación para a Defensa dos Dereitos Dixitais: estratexias e ferramentas dispoñibles para protexer a nosa privacidade e datos persoais na internet.
Preguntas e Respostas: espazo aberto para que os estudantes expoñan dúbidas e compartan experiencias.
A actividade será presencial e dirixida a escolares do IES Puga Ramón (A Coruña), cunha duración de 60 minutos.