Desenmascarando as técnicas dos ciberdelincuentes

12:30 - 13:30

Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071)
Caducado
Imaxe

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Gradiant, empresa adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Pontevedra, entidade fundadora de CIBER.gal. 

A actividade consistirá nunha charla dirixida a profesionais de pemes e administracións públicas coa finalidade de coñecer as técnicas que usan os ciberdelincuentes para manipular e atacar ás persoas, a través de exemplos reais e consellos para evitar caer nas súas trampas. 

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura: 

  • Como manipular ás persoas? 
  • Exemplos de phishing 
  • Clonación de voz por IA 
  • Demo de USB phishing 
  • Delitos típicos 
  • Que podo facer eu para protexerme? 

O formato da actividade será PRESENCIAL no Salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra (Avenida de Montero Ríos, s/n - 36071), cunha duración de 60 minutos. 

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón:

https://www.depo.gal/desenmascarando-las-tecnicas-de-los-ciberdelincuentes

Información relacionada