Todo o día
O vindeiro 6 de xuño CCI (Centro de Ciberseguridade Industrial) celebrará o encontro, presencial e virtual, A Voz da Industria de Galicia, no que participa a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e onde se compartirán experiencias sobre Ciberseguridade na automatización e a dixitalización industrial.
Neste encontro, expertos debaterán sobre a ciberseguridade en contornas de automatización industrial, redes OT e en IoT Industrial. Tamén representantes de organizacións da industria e enxeñería de Galicia intercambiarán as súas experiencias en paneis de debate.
O rexistro para asistir ao evento xa está accesible mediante este enlace.