Hackeando as Mentes: Unha Análise Profunda de Como Pensan e Actúan os Ciberdelincuentes

Centro Príncipe Felipe de Pontevedra
Caducado
Imaxe

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Gradiant, empresa adherida a CIBER.gal, e Deputación de Pontevedra, entidade fundadora de CIBER.gal.

Sesión formativa gratuíta coa finalidade de concienciar e explicar os ciberataques máis comúns contra as persoas no seu día a día. Grazas a iso verase como identificalos e como protexerse.

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  • Como elixen os ciberdelincuentes ás súas vítimas?
  • Que métodos técnicos empregan?
  • Que métodos psicolóxicos empregan? Como logran manipular á vítima?
  • Exemplos reais en directo
  • Como nos protexemos?

A actividade será presencial e dirixida a escolares do Centro Príncipe Felipe de Pontevedra.