16:00 - 17:30
A actividade consistirá nun webinar dirixido ao tecido industrial, profesionais, responsables de seguridade, enxeñerías, decisores estratéxicos e provedores tecnolóxicos, onde se compartirán os achados dun estudo recente que traza o mapa actual da I+D+i en ciberseguridade industrial en España, con datos, tendencias e desafíos clave.
Ademais, coñeceranse de primeira man algúns dos proxectos de ciberseguridade industrial máis relevantes de Gradiant.
O formato da actividade será EN LIÑA, cunha duración de 90 minutos.
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón:
https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2982714