IV Encontro CIBER.gal

Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
Imaxe

A IV edición do Encontro do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, o evento de referencia de Galicia sobre seguridade da información, terá lugar os días 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura. Organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría informática de Galicia (CPEIG), reunirá a expertos, empresas nacionais e internacionais, entidades locais e á cidadanía, para acordar os retos e oportunidades da seguridade no entorno dixital. 

O programa do evento estará dirixido tanto a empresas tecnolóxicas como ao tecido empresarial no seu conxunto, así como para empregados públicos, profesionais da ciberseguridade e á sociedade galega.

Xornada previa en Ourense: tendencias en ciberseguridade

Ademais, no marco do encontro, o Nodo CIBER.gal organizará unha xornada sobre ciberseguridade o 3 de outubro no Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole, en Ourense. Esta xornada está dirixida ás empresas e ao sector da innovación e investigación tecnolóxicas. O seu obxectivo é achegar ás empresas galegas as últimas tendencias en ciberseguridade. Un dos asuntos principais da xornada serán as iniciativas sobre ciberseguridade no transporte intelixente do proxecto do Centro de Innovación e Competencia en Ciberseguridade do Programa Retech. Neste centro participan tamén as comunidades de Cataluña e Valencia.