09:30 - 11:00
Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Fegamp, entidade fundadora de CIBER.gal.
A actividade consiste nunha charla sobre a normativa relacionada co tecido empresarial e a administración local. O obxectivo da charla é proporcionar unha visión integral sobre os desafíos que a intelixencia artificial exporá nos próximos anos. Neste contexto, profundarase na normativa recentemente aprobada, de aplicación directa, e destacarase a relevancia da ciberseguridade no uso e desenvolvemento destas novas tecnoloxías, tanto no sector público como no privado.
O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
O formato da actividade será EN LIÑA, cunha duración de 60 minutos e 30 minutos de preguntas.
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.