Obradoiro: Análise Forense en IoT

12:15 - 14:15

Sala 8 do Edificio Fontán
Caducado
Imaxe

Actividade en formato presencial

Prazas dispoñibles: 24

 

Neste taller realizarase a análise forense dalgúns dispositivos IoT pertencentes a unha colección que inclúe un Amazon Echo Show, un frigorífico Samsung, un robot Roomba etc.

Débese acudir con computador portátil con soporte para virtualización activado, virtualBox 7.0 instalado e espazo en disco suficiente para albergar máquinas virtuais e imaxes forenses.

Este taller está dirixido a alumnado e profesorado de ciclo superior de FP, curso de especialización en ciberseguridade, Grao ou Máster en informática, e persoal técnico informático, de telecomunicacións ou interesado na temática do taller.

A persoa participante deberá acudir co seu propio computador portátil con soporte para virtualización activado, virtualBox 7.0 instalado e espazo no disco (50GB-100GB).

É necesario contar cun manexo básico da plataforma de virtualización VirtualVox e da consola de comandos de Linux.

As máquinas e imaxes forenses forneceranse uns días antes da sesión para que os participantes descárguenas de antemán.

 

Taller impartido por:

  • Rafael López, Profesor da familia profesional de informática e comunicacións, Curso de Especialización en ciberseguridade en contornos IT, CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
  • Pablo Sánchez, Ex-alumno graduado no Curso de Especialización en ciberseguridade en contornos IT, CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Información relacionada