09:45 - 11:45
O obradoiro terá dúas partes: unha ofensiva e outra defensiva.
Este obradoiro está dirixido persoal técnico, tanto de perfil ofensivo como defensivo.
As persoas participantes deberán acudir cun portátil co software de virtualización Virtualbox e cunha máquina Kali Linux instalada.
É necesario dispoñer de coñecementos básicos de virtualización de sistema e manexo básico de sistemas Linux.
Días antes do obradoiro proporcionarase aos asistentes unha máquina virtual vulnerable sobre a que traballar ao longo do obradoiro e instrucións para ter instalados algúns programas na máquina Kali Linux.
Obradoiro impartido por: Manuel Regal, Profesor da familia profesional de informática e comunicacións, curso de especialización en ciberseguridade en contornos IT – IES San Clemente