Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de Authusb, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal.
A actividade consiste nunha sesión formativa acerca da ferramenta certificada para o borrado seguro de datos OLVIDO, dirixida ao tecido empresarial no seu conxunto coa finalidade de informar sobre as funcionalidades da mesma para a súa correcta utilización por parte de empresas e particulares.
O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
- Por que borrado seguro?: Breve introdución aos riscos asociados á exposición de datos non eliminados correctamente e a importancia do cumprimento normativo (como ENS, RGPD etc.)/ etc.).
- Que é OLVIDO?: Presentación da solución OLVIDO como unha ferramenta certificada e personalizable de borrado seguro desenvolvida xunto ao Centro Criptolóxico Nacional (CCN).
- Características de OLVIDO: detalle de funcionalidades como algoritmos de borrado certificados, personalización segundo necesidades do cliente, uso en diferentes contornas (industriais, críticos, corporativos etc.)/ etc.).
- Rastrexabilidade de borrados: Explicación de como OLVIDO xera evidencias de cada proceso de borrado, garantindo a rastrexabilidade e auditoría para cumprimento legal e de seguridade.
- Como obter OLVIDO?
- Novas versións: Breve adianto sobre as novidades que se están incorporando en futuras versións do produto.
- Exemplo de uso: Demostración de como se utiliza OLVIDO nunha contorna real.
O formato da actividade será EN LIÑA cunha duración de 45 minutos.
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón