18:00 - 19:00
Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Inprosec, empresa adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Pontevedra, entidade fundadora de CIBER.gal.
Sesión formativa gratuíta dirixida á cidadanía en xeral que teña interese na temática, coa finalidade de informar e concienciar dos riscos asociados ao uso de ferramentas de intelixencia artificial xenerativa (LLMs), como ChatGPT, CoPilot, Bard e similares, relacionados coa información, a ciberseguridade e a protección de datos.
O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:
• Introdución: Que está a pasar?
• Intelixencia artificial xenerativa, LLMs e Chatbots
• Riscos e cumprimento
• Recomendacións de uso
• Preguntas e respostas
O formato da actividade será en liña, cunha duración de 60 minutos.
As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.