Todo o día
Neste seminario, organizado pola Cátedra CECOCIB da USC, analizaranse os riscos de seguridade asociados co uso de blockchain e criptografía, así como o seu papel na protección de datos e activos dixitais. Profundarase nos perigos derivados da utilización de criptoactivos, incluíndo vulnerabilidades e ameazas comúns. Ademais, abordarase a importancia da monitorización continua e o uso de ferramentas de forensics no contexto da ciberseguridade, para detectar e previr posibles incidentes de seguridade relacionados coas criptomonedas e a tecnoloxía blockchain.
Relator: Pablo López Gutiérrez, Director Equantum Ciberseguridade & Blockchain S.L.