Seguridade en Dispositivos Móbiles: protexendo aos máis novos

Imaxe

17:00 - 19:00

Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8, Lugo)
Caducado

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Balidea, empresa adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Lugo, entidade fundadora de CIBER.gal.

Sesión formativa gratuíta dirixida á cidadanía en xeral coa finalidade de proporcionar unha introdución á seguridade nos móbiles, tanto para adultos como para nenos, ante os riscos aos que todos estamos expostos ao navegar por internet, especialmente nos nosos dispositivos móbiles, e que son, se cabe, máis perigosos cando afectan os nenos e nenas máis novos.

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  • Charla de 60 minutos, tocando as seguintes temáticas
    • Fundamentos de Seguridade Móbil
    • Protexendo os teus Datos
    • Navegación e Descargas Seguras
    • Aplicacións e Mensaxería
    • Antirroubo e Perdida de Dispositivos
  • Taller de 30 minutos sobre o uso da ferramenta CONAN

O formato da actividade será presencial no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8, Lugo), cunha duración total de 90 minutos.

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón.

Información relacionada