Sesión sobre a ciberseguridade no uso de videoxogos

En liña
Caducado
Imaxe

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de Tarlogic, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal.

Sesión formativa gratuíta dirixida a pais, nais, titores e membros do sector educativo coa finalidade de concienciar en cuestións de seguridade relativas ao uso de videoxogos.

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  • Riscos asociados a un consumo de videoxogos non supervisado
  • Que se pode facer ante o uso de videoxogos?
  • Medidas preventivas
  • Beneficios asociados a un xogo responsable

O formato da actividade será en liña, cunha duración de 55 minutos.

Información relacionada