webinar Ciberseguridade e Resiliencia Dixital para Empresas TIC Galegas

16:00 - 17:00

En Liña
Caducado
Imaxe

Clúster TIC Galicia en colaboración con DataLife organizan ou próximo 3 de decembro o  webinar: Ciberseguridade e Resiliencia Dixital para Empresas TIC Galegas, dentro do marco de conferencias "Oportunidades e Desafíos da Normativa Europea para o Sector TIC Galego".

A vontade deste webinar é analizar  a nova normativa europea e nacional en ciberseguridade. Esta normativa transformouse por completo modificando as nosas obrigacións pero tamén abrindo oportunidades. Directivas como a NIS2, a Ciberresilience Act, o DORA e a nivel nacional o Esquema Nacional de Seguridade non son só siglas técnicas, son o novo marco que determinará novas regras para operar no mercado dixital, quen poden traballar coa administración pública e quen se converterá en partners de confianza para o sector financeiro e industrial. Analizaremos os retos que nos supón como sector TIC galego e ao mesmo tempo ver que oportunidades tamén nos ofrece.

Webinar: 3 de decembro de 2025 ás 16:00 horas

 

Programa completo | Inscrición