Xornada: “Conectando en igualdade” (III)

Salón de Graos da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo
Caducado
Imaxe

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, da Universidade de Vigo, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, organiza o a terceira xornada do ciclo “Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico”. Está centrada no ámbito da ciberseguridade e contará, entre outras, coa participación de Forensic & Security, entidade adherida ao Nodo CIBER.gal, e Cátedra R, que a conforman R e as Universidades de Vigo e A Coruña, entidades tamén adheridas ao Nodo CIBER.gal. 

A xornada, que tamén será retransmitida en liña a través de UVigo-TV, ten como obxectivo principal fomentar a conciencia social sobre a transformación da tecnoloxía cara a facetas máis inclusivas, feministas e diversas.

Programa completo

  • 12:00h | Apertura institucional

    • Águeda Gómez Suárez - Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

    • Martín Llamas Nistal - Director do Centro de Investigación atlanTTic

    • Rebeca P. Díaz Redondo - Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

  • 12:15h | Mesa redonda

    • Ana Fernández Vilas - Coordinadora da Cátedra R en Ciberseguridade e do Máster en Ciberseguridade MUniCS. Investigadora de atlanTTic e docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo

    • Eduvigis Ortíz - Presidenta e fundadora de Woman4Cyber Spain

    • Pilar Vila - CEO en Forensic & Security

    • Elena Rodríguez Lois - Investigadora da área de Ciberseguridade de atlanTTic

    • Modera: Edita de Lorenzo Rodríguez - Investigadora de atlanTTic, docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e Ligazón de igualdade de atlanTTic

  • 13:30h | Debate

  • 14:00h | Peche da sesión

Información relacionada