#CiberseguridadeTVG – Inés Amor

Imaxe

Inés Amor, voceira da Policía Nacional inicia a entrevista comentando que cada vez os ciberdelincuentes esfórzanse máis en conseguir novos métodos de fraude e estafa. 

As estafas que mais ocorren na rede, indica a portavoz, son aquelas relacionadas coas entidades bancarias e empresas de loxística ou paquetería. Así, ultimamente tamén están a abundar aquelas estafas relacionadas cun falso fillo ou filla que se lle rompeu o móbil, e contactan á vítima vía mensaxería tentando usurpar a identidade do seu fillo ou filla.

Inés Amor, recomenda que, ante este novo tipo de estafa, o primeiro que se debe facer é chamar ao fillo ou filla en cuestión e confirmarse que efectivamente a mensaxe é unha fraude. Os ciberdelincuentes evitarán iso, e tentarán recibir pagos de maneira urxente.

Ademais, lémbrase que, en caso de non poder contactar coa persoa en cuestión, ante a dúbida, Inés Amor, explica que se debe chamar ao 091 -dispoñible as 24 horas- para poder identificar a veracidade da mensaxe.

Por último, Inés Amor comenta que cando se recibe unha chamada e o noso móbil indica que é da nosa entidade bancaria debemos ter en mente que, aínda que pareza real, as entidades bancarias nunca nos solicitarán información persoal ou confidencial por este método. Ademais débese desconfiar sempre que sexa unha chamada non solicitada.

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 30:50.