O obxectivo común do nodo de ciberseguridade galego CIBER.gal é favorecer unha contorna dixital segura e afrontar, de forma colaborativa, os retos aos que se deben enfrontar empresas, cidadáns e administracións para protexer os seus activos no ciberespazo.

Así mesmo, dentro do obxectivo común, se desagregan os seguintes obxectivos estratéxicos:

Formación e concienciación

Facer chegar e concienciar sobre a ciberseguridade á sociedade, administracións públicas e empresas galegas.

Accións:

  • Formación e concienciación a Pemes, administracións locais e cidadáns.
  • Provisión de servizos básicos de monitoraxe de resposta ante incidentes e cumprimento de normativa.
  • Certificación de empresas e entidades locais en base a servizos e ferramentas de INCIBE e CCN CERT.
Imaxe
Objetivos CIBER.gal

Resposta a retos

Dar resposta coordinada a retos complexos en entidades con necesidades específicas.

Accións:

  • Resposta a necesidades específicas de sectores tractores en Galicia (agroalimentación, automoción, banca, etc.).
  • Apoio a necesidades estratéxicas da Xunta de Galicia (educación, sector primario, envellecemento, turismo, etc.).
  • Promoción de iniciativas vinculadas a tendencias tecnolóxicas de impacto sectorial en ciberseguridade (aeronáutica e automoción, entre outros).
  • Xeración de proxectos tractores de transformación da administración orientados á xeración de produtos innovadores.
Imaxe
Retos CIBER.gal

Fomento do talento

Promover a xeración, atracción e retención de talento especializado, investigación e transferencia tecnolóxica.

Accións:

  • Identificación, captación, xeración e retención de profesionais en ciberseguridade a nivel nacional.
  • Posta en marcha e execución coordinada de proxectos de I+D+i en ciberseguridade de carácter nacional e internacional, en particular no ámbito europeo.
  • Fomento da formación en todos os niveis educativos e potenciación da Formación Profesional (FP) en ciberseguridade.
  • Mellora da conexión do sector académico-investigador coa industria de ciberseguridade, potenciando a transferencia de tecnoloxía e coñecemento.

Posicionamento estratéxico

Posicionar o nodo CIBER. gal a nivel nacional e europeo.

Accións:

  • Participación en foros e reunións nacionais e internacionais en materia de ciberseguridade.
  • Establecemento de convenios de colaboración con outras axencias a nivel estatal e internacional en materia de ciberseguridade.

Impulso á industria

Desenvolver e potenciar a industria da ciberseguridade en Galicia.

Accións:

  • Impulso á creación e aceleración de empresas con produtos específicos no ámbito da ciberseguridade.
  • Facilitación no acceso das empresas ao mercado exterior.
  • Demostración/ testeo de tecnoloxías en administracións públicas e grandes empresas.
  • Procura de financiamento para proxectos de I+D+i.
  • Promoción na cooperación e colaboración (tanto a nivel colectivo como de socios individuais) con outras posibles redes de excelencia ou plataformas tecnolóxicas nacionais, europeas ou internacionais.